Silleda celebrará unha LAN Party en setembro

luns, 1 de xuño do 2015 Marcus Fernández

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o vicepresidente da Xunta e presidente do padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, na sinatura do convenio

Durante a segunda quincena de setembro na sede da Fundación Semana Verde en Silleda desenvolverase un encontro informático dirixido a xuntar a máis dun milleiro de mozos para participar en actividades lúdicas e formativas nas que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación e a informática serán protagonistas, e que contará co respaldo económico da Xunta de Galicia segundo vén de constatarse nun convenio de colaboración a través do se achegarán 25.000 euros para a organización do evento.
Dende a Consellería de Traballo e Benestar queren así achegar á mocidade unha oportunidade para intercambiar coñecementos e experiencias da sociedade da información e no manexo das TIC, dada a importancia que o seu uso e coñecemento teñen no contorno económico e social actual.

PUBLICIDADE