SingStar para PS4 renóvase

venres, 11 de decembro do 2015 Marcus Fernández

O xogo SingStar ao saltar á PlayStation 4 deixou nun segundo plano a edición frecuente de versións en disco con lotes de cancións para centrarse nas descargas dixitais, de xeito que podemos descargar o xogo de balde, para mercar no mesmo as cancións coas que queiramos facer karaoke, e agora que se achega o Nadal Sony decidiu renovar a aplicación cunha nova aparencia e reforzando o seu catálogo de cancións.
Anuncian que moitas das cancións que saíron no seu día para PlayStation 3 e que actualmente estaban ausentes rematarán chegando á nova xeración, de xeito que os usuarios poden agora comprobar o seu Historial de compras para descargar na PS4 numerosas cancións que mercaran no seu día na PS3.
O xogo tamén estrea os modos de xogo Party Mode (con mecánicas como pasar o micrófono, popurrís ou realizar retos de puntos) e Challenge Mode (que amosa as cancións que cantaron os nosos amigos xunto a súa puntación para convidarnos a melloralas).
Entre as cancións que chegan de novo a SingStar para PS4 están Te Regalo de Carlos Baute, Paraíso de Dvicio, Cosas que suenan a triste de Maldita Nerea, Bonito de Jarabe de Palo, Me Voy de Julieta Venegas, Sueños Rotos de La Quinta Estación e Terriblemente Cruel de Leiva; mentres que os temas de PS3 que confirman o seu salto a PS4 serían Sólo se vive una vez de Azúcar Moreno, Maldito Duende de Héroes del Silencio e Noches de Bohemia de Navajita Plateá.
Tamén destacan que a dia de hoxe na PlayStation 4 podemos gozar das seguintes cancións:

Vídeo no que anuncian a renovación de SingStar para PS4

PUBLICIDADE