Singtrix, a nova solución doméstica de karaoke

venres, 8 de novembro do 2013 Marcus Fernández

John Devecka, Charles Hung e Kai Huang son algúns dos nomes que axudaron a crear o xogo Guitar Hero, e agora xuntáronse con Eric Berkowitz para lanzar un novo produto, Singtrix, que podemos velo como o karaoke doméstico definitivo, pois permite que poidamos interpretar calquera tema almacenado no noso teléfono ou tablet eliminando de xeito automático a voz orixinal das cancións para que poidamos introducir a nosa propia voz na canción aplicándolle unha serie de efectos que inclúe o sistema, aínda que tamén é posible empregar esta solución cunha versión adaptada de Karaoke Anywhere, aplicación que achega un catálogo de máis de 13.000 temas de karaoke coas súas letras que permite dende a compra de temas soltos ata a subscrición.
Singtrix ten un acabado profesional e está composto por un micrófono cun pé no que poder colocar un tablet ou smartphone e o Singtrix Studio (elemento central que permite modificar a nosa voz mediante 300 efectos predefinidos para poder encaixar a nosa voz con distintos estilos musicais); o mencionado micrófono inclúe un botón para poder activar un efecto que transforma a nosa voz nunha harmonía de 5 partes, para que poidamos activalo cando queiramos interpretar un coro ou potenciar a nosa voz nun momento determinado; e todo isto complétase cun altofalante estéreo de 40 watts cun subwoofer.
Esta grande solución para os amantes do karaoke ten como principal atranco que polo momento só está a comercializarse en EE.UU. e o seu prezo é de 299,99 dólares (224,63 euros).


Vídeo de presentación de Singtrix

PUBLICIDADE