Skyward Sword incluirá un mando dourado na súa edición especial

martes, 30 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O 18 de novembro chega ás tendas españolas o xogo para Wii The Legend of Zelda: Skyward Sword, e os máis seareiros das aventuras de Link pode que queiran facerse cunha edición especial que incrementa o seu prezo 20 euros pero que parece que será un bo investimento, pois inclúe un Wii Remote Plus de cor dourada e un disco de música co The Legend of Zelda 25th Anniversary Symphony Concert.
Pode que 69,99 euros por un xogo de Wii pareza un prezo elevado para algúns, pero en vista dos extras que vai incluír esta edición limitada, é de agardar que inicialmente sexa difícil facerse con unha se non se fixo previamente a súa reserva en tendas especializadas.

PUBLICIDADE