Smart GalApps estrea un servizo orientado á promoción de establecementos a través do móbil

venres, 25 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Smart GalApps, estudo responsable de aplicacións móbiles como Smart Weather, Imos? e ConxuGalego, entre outras, renovou a súa páxina web para convertela nun escaparate dos seus servizos, que van dende o desenvolvemento de aplicacións móbiles para iOS e Android a medida das necesidades do cliente (abordando tamén desenvolvementos web con tecnoloxías avanzadas) ata o novo produto Smart Promo, que ofrece unha solución promocional integral de tecnoloxía móbil para grupos de establecementos, asociacións culturais, locais comerciais...
A través de Smart Promo achegan aplicacións móbiles nativas para Android e iOS, ditintas vistas de asociados (mapas, listaxes ordenadas, rankings...), sistema de valoracións e comentarios dos usuarios, integración con redes sociais e internacionalización en varios idiomas.
Este novo servizo chega en 3 plans cun prezo anual de 36, 60 e 84 euros/ano + IVE por establecemento (cun mínimo de 50 establecementos), e pretende converterse nunha boa ferramenta de marketing que mellore a visibilidade, faciliten o achegamento aos clientes e engada valor aos negocios para contribuír ao seu crecemento.

Smart Promo é o novo produto comercial de Smart GalApps

PUBLICIDADE