SmartPEME comeza o mes de outubro con cinco novas accións formativas

martes, 4 de outubro do 2022 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta neste inicio de outubro cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na súa carteira de obradoiros para pemes, persoas autónomas, profesionais e cidadanía en xeral. As accións tratarán temas como a ciberseguridade e a suplantación de identidade, a mercadotecnia de contidos, a mellora da visualización web con Google, o funcionamento da cadea de bloques (Blockchain) ou técnicas de mercadotecnia para a promoción de tours.

Este luns 3 de outubro, Manuel Freire, experto en robótica, programación e impresión 3D, foi o encargado de impartir o obradoiro Ciberseguridade, Ransomware e a suplantación de identidade. Este curso ten como obxectivo dar a coñecer o Ransomware, así como o ciberataque máis popular actualmente, a suplantación de identidade. Freire tamén conducirá un dos cursos impartidos na xornada do xoves 6, Blockchain, metaverso que completará a formación dunha serie de 4 actividades e nela falarase sobre o Metaverso, para que vai servir e cal e o seu desenvolvemento.
O martes 4, ás 12.00 horas, celebrarase (vía Zoom) o obradoiro Márketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia, un taller centrado nos horarios adecuados para postear ou de como dirixirnos aos nosos clientes para acadar un meirande engagement. Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas será quen o dirixa.
A xornada do mércores 5 estará conducida pola experta en comunicación corporativa, María Aller, coa acción Mellora o teu posicionamento web con Google Search Console. Centrarase en descubrir como manexar as ferramentas que Google Search Console pon a disposición de emprendedores/as para optimizar as súas páxinas web.
O peche da semana de obradoiros será o xoves 6 de outubro pola tarde, co taller Técnicas de márketing para a promoción de tours dirixido a empresas turísticas que inclúen diversos servizos de ocio e entretemento para viaxeiros, turistas ou poboación local. A guía desta derradeira acción será Sonia Torres, técnica de empresas e actividades turísticas.

PUBLICIDADE