SmartPEME remata outubro con catro novos obradoiros en liña
martes, 26 de outubro do 2021
A
Deputación de Pontevedra, a través de SmartPEME, oferta esta última
semana de outubro catro novas accións formativas impartidas de xeito
online. As accións, moi acaidas para impulsar a
nosa dixitalización, versarán sobre debuxo 3D con dous programas
diferentes, sobre fotografÃa no eido do ecommerce e a
utilización das palabras clave para visualizar un negocio nas redes.
En
concreto, este martes 26 impartirase o obradoiro Fabricación
Dixital. Debuxo 3D con Onshape III – PartStudio III. Estará a
cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, quen dará
a coñecer as tecnoloxÃas implicadas no proceso de fabricación
dixital desde unha perspectiva teórica e práctica.
Pola
tarde, terá lugar o obradoiro FotografÃa de produto para o teu
ecommerce, a cargo de Lara Taboada, titulada
superior en Ensinos ArtÃsticos de Deseño Gráfico, onde falarase da
importancia da xestión das fotografÃas á hora de comercializar o
noso produto na rede para interesar ao noso consumidor potencial.
Na
mañá do xoves 28 será a quenda de Fabricación dixital.
Laminador Cura I a cargo de Manuel Freire, experto universitario
en robótica, quen dará a coñecer as tecnoloxÃas implicadas na
fabricación dixital seguindo a mesma liña ca no obradoiro do martes
26.
Para
finalizar, pola tarde, Adrián Fernández, licenciado en Comunicación
Audiovisual, falará da Estratexia de palabras clave para
posicionar o teu negocio en liña, obradoiro centrado na boa
utilización das chamadas keywords ou palabras clave
directamente relacionadas cos motores de busca.
As
persoas interesadas poden inscribirse a través
do sitio web de SmartPEME na url de cada evento. Tamén é
posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es
ou no teléfono 886 202 020.