Sonic & All-Star Racing Transformed xa pode descargarse de balde para iOS e Android
venres, 25 de abril do 2014
Nos primeiros dÃas do ano SEGA publicou
nas tendas de aplicacións móbiles a un prezo de 4,49 euros o xogo Sonic & All-Star Racing Transformed,
que permite botar carreiras cos coñecidos personaxes da compañÃa nipoa, que van
dende o ourizo Sonic ata o mono Amigo, pasando polo condutor de Crazy Taxi ou o protagonista de Shenmue, pero o resultado deste tÃtulo
non parece estar a ser o suficientemente bo, polo que vén de mudar o seu modelo
de negocio en
iOS e en
Android, plataformas para que os xogos pasa
a poder descargarse de balde abrazando o free-to-play.
Os usuarios que tiveran pagado anteriormente polo xogo recibirán como
compensación o pase VIP para o xogo, de xeito que non verán anuncios e terá a
Sonic e a outros 3 personaxes desbloqueados.
Como moitos outros tÃtulos de carreiras, as micro-transaccións no xogo permiten
acelerar a progresión e desbloquear novas pistas, personaxes e opcións de
configuración (para poder gozar de modos de maior dificultade).
O vindeiro dÃa 29 Sonic & All-Star
Racing Transformed tamén recibirá unha actualización que incorporará aos
personaxes Rompe Ralph e Metal Sonic, asà como outros novos contidos como as
pistas de OutRun Bay e Sonic Colours’ Galactic Parade e os novos capÃtulos de
World Tour e Boss Cup Grand Prix.