Sonic Generations estrea trailer

xoves, 18 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Imaxe da versión para Nintendo 3DS de Sonic Generations

Aproveitando a celebración da Gamescom en Colonia, onde pode probarse en vivo o xogo Sonic Generations, SEGA publica novas imaxes deste título así como un novo trailer, deixándonos máis claro cómo será a mecánica do xogo, que alternará fases de plataformas en 3D empregando o Sonic actual e outras en 2D con desprazamento lateral facendo uso do Sonic orixinal. Este título chegará en novembro con versións para Xbox 360, PlayStation 3 e Nintendo 3DS para celebrar o 20º aniversario do ourizo azul de SEGA, que polo que puidemos ver no novo trailer, tamén gozará da compañía de Miles Prower (Tails), un raposo con dúas colas que permítenlle voar e acompaña a Sonic dende o seu segundo videoxogo para Mega Drive.


Novo trailer do xogo

O novo xogo promete unha acción trepidante

PUBLICIDADE