Sonic Generations terá unha completa edición para coleccionistas

mércores, 7 de setembro do 2011 Marcus Fernández

O novo xogo promete unha acción trepidanteContinuando coas celebracións do 20º aniversario de Sonic the Hedgehog dende SEGA anuncian que o vindeiro xogo Sonic Generations nas súas versións para Xbox 360 e PlayStation 3 (tamén sairá para Nintendo 3DS) contará cunha edición para coleccionistas moi especial que incluirá unha figura co Sonic clásico e o moderno, un anel de ouro (dos típicos que recolle o ourizo azul nos seus xogos) nunha edición limitada e numerada, o libro 20 Years of Sonic Art (con imaxes e bosquexos inéditos dos últimos 20 anos), a banda sonora 20th Anniversary Soundtrack cunha recompilación de temas elixidos polo Sonic Team e o documental La historia de Sonic: el nacimiento de un icono, que inclúe unha selección de entrevistas e vídeos sobre a vida de Sonic. Tamén terá un embalaxe lenticular e contido descargable adicional para redondear este produto imprescindible para os seareiros do personaxe máis representativo de SEGA.

A edición para coleccionistas de Sonic Generations chegará ao corazón aos seareiros da mascota de SEGA

PUBLICIDADE