Sony Ericsson presenta un novo reprodutor multimedia portátil deportivo

martes, 13 de abril do 2010 Marcus Fernández

Pensando nos usuarios amantes do deporte, presentan o novo Sony Walkman W250, un novo reprodutor multimedia portátil do fabricante nipón que destaca polo seu orixinal deseño e por ser resistente á auga (ou sexa, que durante o seu uso non hai que preocuparse pola chuvia ou a suor). O seu deseño adáptase á cabeza para que non moleste durante a práctica de exercicio e o seu peso tamén é moi reducido (43 gramos).
Estes reprodutores multimedia sen cables sairán á venda en maio en 4 cores rechamantes e en 2 capacidades (2 e 4 Gb), custando o modelo máis básico uns 50 euros. Os Sony Walkman W250 tamén contan cunha boa autonomía de ata 11 horas, sorprendendo o feito de que cunha carga de só 3 minutos poidamos reproducir música durante 90 minutos.

PUBLICIDADE