Sony anuncia o smartphone Xperia C con dobre SIM e pantalla de 5 polgadas
mércores, 26 de xuño do 2013
Sony continúa a apostar polos smartphones con pantallas de
grande tamaño, e tras o esaxerado Xperia Z
Ultra, presenta agora o Xperia C,
que chega cunha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 pÃxeles
(prestación na que apunta bastante por debaixo doutros terminais semellantes en
tamaño) e que serve para introducir o procesador MediaTek MTK6589 de catro núcleos
a 1,2 GHz. Tamén conta con 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), cámara de 8 MpÃxeles capaz
de disparar imaxes con HDR e cámara frontal para videoconferencia, sintonizador
de radio FM, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, baterÃa cunha autonomÃa de ata 14 horas e
4 minutos de conversa e ata 588 horas en espera, un grosor de 8,88 milÃmetros e
153 gramos de peso, que entendemos que busca ser un terminal cun prezo
moderado, que busca atraer a certo público coa súa grande pantalla, a súa
cámara e a posibilidade de funcionar con 2 tarxetas SIM de xeito simultáneo
(prestación especialmente importante nalgúns mercados). A conmutación entre as
distintas tarxetas SIM pode facerse cun simple toque ou programando o horario
de uso de cada unha (o que resulta moi práctico para gozar de dúas tarifas
diferentes ou para combinar liña persoal e profesional nun único dispositivo).
Aparte de venderse con carcasa de cor branca ou negra, o Sony Xperia C tamén
estará dispoñible nunha menos habitual cor púrpura.