Sony anuncia oficialmente a súa cámara deportiva
mércores, 29 de agosto do 2012
A
primeiros de verán Sony anunciou que Ãa pór á venda no outono unha nova videocámara
deportiva na liña das populares GoPro, e finalmente detallan o que serán
tal dispositivo, e promete ser todo un éxito en vista das súas prestacións,
pois a Sony
Action Cam (HDR-AS15) é unha lixeira cámara (pesa só 90 gramos) de pequeno
tamaño que pode vestirse durante a práctica deportiva para rexistrar en alta
definición dende os nosos paseos en bicicleta ata a práctica de esquà sen que a
integridade do dispositivo perigue.
A cámara pode engancharse ao casco da bicicleta ou a unha táboa de surf (para o
que precisarÃa dunha carcasa resistente á auga) e asà poder gravar as nosas
actividades deportivos cun grande angular e un estabilizador de imaxe que
faciliten que ao regresar á casa podamos repasar a nosa experiencia dun xeito
moi inmersivo. A cámara conta con varios modos de gravación, que van dende o
vÃdeo a Full HD a 30 imaxes por segundo ata resolución VGA para gravacións de
longa duración. Tamén conta con modos de cámara lenta (4x e 2x) que resultan
especialmente interesantes se rexistramos actividades como o golf ou o skate.
A Sony Action Cam grava en tarxetas de memoria M2 e microSD/SDHC e incorpora
conectividade Wi-Fi, o que facilita, entre outras cousas, o control remoto da
cámara dende un smartphone (Android
ou iOS).
- As cámaras deportivas están preparadas para funcionar en condicións extremas
- A Sony Action Cam é ideal para gravar sesións de esquÃ