Sony presenta o Xperia ZL2, con pantalla Full HD de 5 polgadas e cámara de 20,7 Mpíxeles

venres, 9 de maio do 2014 Marcus Fernández

A primeiros de ano Sony presentaba no CES de Las Vegas o seu atractivo smartphone Xperia ZL, e agora dá conta do seu sucesor, o Xperia ZL2, que será comercializado polo operador xaponés KDDI a finais de mes en cor turquesa, branca ou negra, e que aglutina unhas especificacións de auténtico luxo, no que podería ser tranquilamente o smartphones insignia da compañía.
O Sony Xperia ZL2 conta concretamente cun procesador Qualcomm Snapdragon 801 de catro núcleos a 2,3 GHz, 3 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), pantalla Triluminos Full HD de 5 polgadas, unha impresionante cámara traseira de 20,7 Mpíxeles con sensor de imaxe Sony Exmor RS e gravación de vídeo a 4K (a mesma coa que conta o Xperia Z2), cámara frontal de 3,1 Mpíxeles, LTE (4G), Wi-Fi, Bluetooth 4.0, GPS, MHL 3.0, NFC, batería de 3.000 mAh, sistema operativo Android 4.4 coa capa gráfica de Sony e, para rematar de redondear o terminal, resistencia ao po e á auga (IP55/IP56).

PUBLICIDADE