Sony presenta unha nova cámara compacta que grava vídeo en alta definición

xoves, 28 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Coa feira IFA de Berlin chéganos a nova cámara Sony CyberShot DSC-T500, que inclúe un sensor de 10,1 Mpíxeles, zoom óptico de 5 aumentos, estabilizador de imaxes SteadyShot, sensibilidade de ta 3.200 ISO, pantalla de 3,5 polgadas e a posibilidade de gravar vídeo a 1.280 x 720 a 30 fotogramas por segundo en formato MPEG-4 AVC/H.264, que aínda que non é Full HD, é unha interesante achega á alta definición de 720 liñas en progresivo.
As gravacións (de ata 10 minutos de duración por clip, almacenando ata 60 minutos de vídeo nunha Memory Stick de 4 Gb) poderán levarse a un ordenador ou visualizar directamente nun televisor ou pantalla que conte con conexión HDMI.
Esta nova cámara chegará ao mercado en outubro e o seu prezo de venda será duns 399 dólares.

PUBLICIDADE