Sony rebaixa 100 dólares os seus tablets
luns, 2 de xaneiro do 2012
Non parece haber dúbidas no feito de que non hai sitio no
mercado para tablets dun prezo elevado que non sexan o iPad de Apple, e tras o
fracaso de HP e RIM, temos agora o que parece ser o reflexo da derrota de Sony:
a
baixada de prezo do Sony Tablet S de 500 a 400 dólares no modelo de 16 Gb e de
600 a 500 dólares no de 32 Gb (rebaixa limitada polo momento á súa tenda en liña).
Estes dispositivos con pantalla de 9,4 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800
pÃxeles, dúas cámaras, Android, 1 Gb de RAM e baterÃa de 2 horas, cun deseño
claramente diferenciado dos seus competidores (non precisando de imitar
descaradamente a Apple) non conseguiron unhas boas vendas, e a baixada de prezo
parece ser a única solución para evitar unha acumulación de stock como a que provocou a desaparición
comercial do HP TouchPad.
Resulta curioso que mentres os competidores do iPad en prezo e formato fracasan,
outros dispositivos como o Kindle Fire conseguen facerse un oco no mercado,
cunhas vendas millonarias e unha acollida moi boa por parte do público, o que
parece dar a entender que o prezo axustado e os servizos asociados son a chave
para sobrevivir neste novo mercado tan competitivo.
- O Sony Tablet S aÃnda non conseguiu facerse un oco no mercado