Sony traerá a Europa o seu Google TV en setembro

luns, 2 de abril do 2012 Marcus Fernández

Un dos dispositivos Google TV que traerá Sony será un set-top-box que custará uns 200 euros

Os produtos Google TV de Sony poderían chegar a España, Reino Unido, Alemaña e Francia o vindeiro mes de setembro segundo recolle Les Echos, comezando por un receptor básico que custaría uns 200 euros e un reprodutor de Blu-ray por uns 300 euros. Polo momento dende Sony optan por esta tecnoloxía fóra do televisor porque consideran que a xente renova as súas pantallas con pouca frecuencia, de aí que non vexan atinado pedir aos consumidores que compren un novo televisor para gozar dos novos servizos en liña que ofrecen compañías como Google (que ten aí unha fiestra a Google Play, a YouTube e mesmo a servizos de Sony como Music Unlimited).
Inicialmente os produtos Google TV foron un fracaso por non ser quen de pechar acordos coa meirande parte de canles de televisión, que temían perder o control dos contidos, e a chegada desta plataforma a Europa podería ser unha interesante proba de concepto.

Como sistema de control parece estar a estandarizarse os mandos reversibles, que por unha parte presentan un teclado QWERTY
Sony tamén integrará Google TV nun reprodutor de Blu-ray

PUBLICIDADE