Soul Calibur convértese nun xogo de cartas para iOS

xoves, 8 de maio do 2014 Marcus Fernández

Hai máis dun par de anos o clásico xogo de loita Soul Calibur estreou versión para iOS, trasladando con bastante fidelidade o xogo orixinal de Dreamcast, e hoxe, Bandai Namco dá un xiro de volante a esta franquía e, fuxindo dos controis tradicionais, estrea na App Store o xogo Soulcalibur Unbreakable Soul, título free-to-play que mestura os combates en tempo real cos xogos de rol de cartas, pondo a disposición do xogador a máis de 150 avatares cos rostros máis coñecidos da saga, que poderán equiparse con máis de 200 armas, combinando ataques, buscando puntos febles e asestando grandes golpes finais para o que terán que empregar cartas (mentres non se emprega unha carta para atacar, o loitador queda nunha garda neutral para protexer ao personaxe se non ataca.
Soulcalibur Unbreakable Soul funciona con dispositivos a partir do iPhone 4S e o iPad 2 con iOS 5.1.1 ou superior e un dos seus elementos de xogo máis importante é o emprego de xemas, que poderán mercarse con cartos reais, de aí que o xogo sexa inicialmente de balde (pois busca a súa monetización a través da venda de contidos in-app). A aplicación irase completando con novos contidos en futuras actualizacións.

O xogo mestura o rol con cartas con combates en tempo real


Trailer oficial de Soulcalibur Unbreakable Soul

PUBLICIDADE