Soul Calibur terá versión para iOS
luns, 24 de outubro do 2011
Namco Bandai confirmou que o seu clásico xogo de loita Soul Calibur, lanzado en recreativas en
1998, para saltar á Dreamcast de SEGA ao ano seguinte e incluso contar cunha
adaptación descargable para a Xbox 360 dende 2008, está
a adaptarse para funcionar en breve en dispositivos con iOS como o iPhone,
o iPod Touch e o iPad.
Nun principio esta conversión poderÃa parecer algo ridÃcula, por adaptar un
xogo clásico con controis fÃsicos a unha pantalla táctil, pero no pasado
tÃtulos como Street Fighter IV
demostraron que tal tarefa é posible completarse con éxito, polo que os
seareiros da saga de loita agradecerá esta conversión para poder gozar no seu
trebello móbil de Apple dun xogo que marcou época.