SoulCalibur II celebra o seu 10º aniversario cunha revisión en alta definición

luns, 22 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Namco Bandai anunciou hoxe que no outono vai estar dispoñible a través do Bazar de Xbox LIVE a da PlayStation Network o xogo SoulCalibur II HD Online, unha revisión en alta definición de SoulCalibur II, un dos xogos de loita mellor considerados, que celebra o seu 10º aniversario con este rexurdir.
SoulCalibur II HD Online está a ser desenvolvido polo estudio Project Soul, que non limita esta revisión a unha actualización gráfica para que luza ben en pantallas de alta definición, senón que aproveitan a ocasión para incorporar ao título modo de xogo en liña, facilitando botar partidas contra usuarios de todo o mundo. O xogo contará con numerosos modos de xogo (Arcade, Supervivencia, Versus, Contrarreloxo, Supervivencia, Combates por Equipos, Práctica e Mestría de Armas) e o seu trailer de presentación adianta as súas posibilidades e amosa o ben que lle presta o lavado de cara que supón a HD para os seus gráficos:

O clásicos loitadores de SoulCalibur II volverán a cruzar as súas armas no outono

PUBLICIDADE