Sound Splash: un altofalante sen fíos resistente á auga

martes, 12 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Para os usuarios que queiran escoitar música en contornos húmidos como o cuarto de baño ou a piscina está dispoñible un interesante altofalante Bluetooth, o Ion Sound Splash, que permite sincronizarse con dispositivos móbiles de Apple, con Android e moitos outros, podendo recibir o son reproducido nos mesmos, controlar a reprodución musical e mesmo recibir chamadas telefónicas, todo cunha resistencia á auga IPX4, que garante o seu bo funcionamento incluso debaixo da ducha, mantendo o móbil ou o reprodutor multimedia a varios metros de distancia.
Para facer máis versátil este altofalante, pode colocarse pendurado grazas a un gancho integrado, ou mesmo adherirse a espellos e outras superficies grazas a unhas ventosas incluídas. Estes altofalantes están xa á venda por 89,99 dólares (69,07 euros), o que pode parecer algo caro, pero que para moitos será un prezo que compense para poder escoitar música mentres un se relaxa na bañeira ou para poder responder a chamadas de teléfono en certos ambientes sen medo a estragar o móbil.


Vídeo de presentación do altofalante sen fíos Sound Splash

PUBLICIDADE