Spectacles, as lentes con cámara para Snapchat

luns, 26 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Durante a pasada fin de semana o The Wall Street Journal sorprendeu anunciando que a compañía detrás de Snapchat, Snap Inc. estaba a preparar o lanzamento do seu produto físico, uns lentes con cámara integrada que venderíanse a 129,99 dólares e levarían por nome Spectacles, o que poucas horas confirmouse cunha páxina web oficial e incluso un vídeo promocional do curioso produto.
As Spectacles levaríanse como uns lentes calquera e, no momento no que o usuario queira captar un momento, pode tocar o trebello para activar o rexistro de 10 segundos de vídeo en primeira persoa que transmitiranse sen fíos ao smartphone para compartirse a través das Historias de Snapchat. Outro detalle curioso é que estes lentes cargaríanse na propia funda ríxida que inclúen.
Ao parecer non será un produto de venda masiva, senón que busca xerar expectación coa súa distribución limitada, e as súas cores rechamantes (pois, aparte de en negro, as Spectacles chegarán en verde azulado e en cor coral). A patilla dereita das lentes serían o lugar no que se situaría a cámara, mentres que na patilla esquerda habería un anel de LED que indicaría cando as lentes están a gravar.
Como curiosidade, este produto que está previsto que se poña á venda no outono, gravaría vídeo en formato circular, buscando así que poida verse completamente con independencia de que teñamos o noso dispositivo móbil en vertical ou en horizontal.
O director xeral de Snap Inc., Evan Spiegel, define as Spectacles como un xoguete, ou sexa, que non parece que a compañía queira facer cartos con este novo produto senón, simplemente, explorar novas posibilidades de mercado.

Vídeo promocional das Spectacles

PUBLICIDADE