Speedo Aquabeat, o reprodutor acuático que flota

luns, 28 de abril do 2008 Marcus Fernández

Coa proximidade do verán prosperan os trebellos aptos para o seu uso en praias e durante a práctica de deportes acuáticos, e un exemplo destes é o Speedo Aquabeat, que é un reprodutor musical con 1 Gb de memoria interna e soporte de ficheiros MP3 e WMA.
O Aquabeat só pesa 35 gramos, ten unha autonomía de 9 horas, tanto o reprodutor coma os seus auriculares resisten a auga e resulta especialmente rechamante o detalle de que flota, o dificulta a súa perda.
O reprodutor se manexa a través de 3 botóns na súa parte superior, se vende en 3 cores distintas e, pese a non ser un produto de Apple, é compatible con iTunes. O seu prezo de venda é de 144,99 dólares (92,59 euros).

PUBLICIDADE