Sphero celebra o Force Friday con novos droides
venres, 1 de setembro do 2017
Anticipándose á estrea de Star Wars: El Despertar de la Fuerza, o 4 de setembro de 2015
celebrouse o primeiro Force Friday, un evento destinado a lanzar numerosas
figuras, libros e mercadotecnia en xeral relativa ao mundo de Star Wars e que hoxe mesmo celebra a súa
segunda edición por mor da proximidade da estrea de Star Wars: Los Últimos Jedi, o que levou a que un dos xoguetes
tecnolóxicos de maior influencia dos últimos anos, o Sphero, amplÃe a súa
familia de droides.
Deste xeito, ao BB-8
de Sphero súmase agora a súa versión
escura, BB-9E, un Astromech
Droid da Primeira Orde, e unha pequena sorpresa, R2-D2, o Astromech Droid da
Resistencia, que resulta especialmente rechamante por non ter un deseño
esférico (o que o leva a alternar posturas de 2 e 3 patas e mesmos a
balancearse de xeito expresivo), aÃnda que está parello cos outros xoguetes de
Sphero en prestacións. O BB-8 de
Sphero tamén se actualiza co gallo do novo filme de Star Wars.
Nos tres casos temos pequenos droides que poden controlarse a distancia dende o
smartphone ou tableta, permiten vivir experiencias de realidade aumentada e
incluso poden acompañarnos durante o visionado das pelÃculas da franquÃa
galáctica. No caso de BB-9E destaca o feito de que o xoguete incorpora
vibrantes luces LED e reacciona ante a presenza humana grazas a sensores integrados,
como tamén farÃa R2-D2, droide que tamén integrarÃa un altofalante para
reproducir os sons caracterÃsticos do célebre personaxe. De feito, que R2-D2
sexa máis completo que os seus irmáns é algo que nótase no seu
prezo, que é de 200 euros, mentres que os
compañeiros esféricos están á venda por 170 euros.
- Os droides de Sphero poden controlarse a distancia a través dunha aplicación para dispositivos móbiles
VÃdeo promocional dos novos droides de Sphero