Splinter Cell Conviction destaca entre os Xogos con Gold de xullo
xoves, 28 de xuño do 2018
Microsoft vén de facer públicos os
xogos que recibirán en xullo os subscritores de pagamento de Xbox LIVE,
combinando xogos irrelevantes para Xbox One con dous grandes xogos para Xbox
360 (que grazas á retrocompatibilidade poden xogarse tamén en Xbox One).
A partires do 1 de xullo poderase descargar Assault
Android Cactus para Xbox One, e haberá que esperar até o 16 de xullo
para facerse con Death
Squared, aÃnda que estes xogos de Xbox One son completos descoñecidos, mentres
que os xogos de Xbox 360 son tÃtulos que no seu dÃa foron grandes éxitos, como
o tÃtulo de loita Virtua
Fighter 5 Final Showdown, dispoñible a primeira quincena do mes, para pasarlle
logo o relevo a un grande xogo, Splinter
Cell Conviction, o retorno de Sam Fisher, personaxe que ten un total de
7 xogos desta serie, de xeito que os que gusten desta entrega seguro que quedarán
con ganas de que Splinter Cell: Blacklist,
derradeira entrega da saga, se incorpore tamén aos Xogos con Gold.
- Splinter Cell Conviction é a penúltima entrega dunha saga até o momento inédita en consolas da presente xeración