Split/Second estrea esta semana versión para PSP

martes, 16 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Esta semana os usuarios de PSP poderán facerse co xogo Split/Second, que será a primeira vez que esta saga de xogos de condución chega á consola portátil de Sony, despois de chegar ás consolas domésticas antes do verán, aínda que desta volta en vez de estar desenvolvido por Black Rock Studios, foi a xente de Sumo Digital a que tivo que superar o reto de facer un xogo que conservase a espectacularidade gráfica pese ás limitacións da cativa pantalla da PSP.
O xogo tamén conta cun control moi coidado, que busca ser divertido, rápido e desafiante, premiando que os condutores leven o coche ao máximo. Para engadir algo novo a Split/Second tamén será posible superar 4 modos desafía deseñados coas seguintes premisas:
1- Facer que as cousas estoupen
2- Correr moi rápido
3- Utilizar o contorno ao noso favor
4- Conseguir a máxima puntuación combinando os anteriores xeitos de xogar.
Este título completará a súa experiencia cun novo circuíto completo nos peiraos, combinando parte dos circuítos existentes que funcionan conxuntamente para conformar o circuíto máis longo do xogo.


Trailer do xogo

PUBLICIDADE