Stadia Pro comezará a funcionar o 19 de novembro
martes, 15 de outubro do 2019
No
evento de presentación dos novos Pixel 4 dende Google anunciaron que o seu prometedor
servizo de xogo na nube, Stadia,
botará a andar o vindeiro 19 de novembro, aÃnda que cómpre advertir que
inicialmente só estarÃa dispoñible para os que adquirisen un dos lotes que combinan un mando, un
Chromecast Ultra e tres meses de subscrición a Stadia Pro, ou sexa, que o
servizo de balde limitado a gráficos Full HD non estará dispoñible até dentro
duns meses.
Con Stadia Pro poderemos gozar de xogos en streaming con resolución 4K e
HDR, asà como con son 5.1, pero inicialmente a experiencia está limitada a moi
poucos dispositivos, como serÃan o Chromecast Ultra ou smartphones da serie
Pixel, que irán ampliándose paulatinamente de xeito que no futuro Stadia
promete ser unha das plataformas de xogo máis accesibles, de xeito que quen
queira gozar dun xogo con grandes esixencias de hardware non teña que mercar
unha consola de nova xeración ou nin sequera teña que estar no seu domicilio,
xa que poderemos gozar do servizo en mobilidade (sempre que teñamos un acceso á
Rede o suficientemente rápido).
Cómpre advertir que Stadia realmente é unha consola virtual e non un servizo de
subscrición de xogos, aÃnda que os usuarios de Stadia Pro poderán ter
inicialmente acceso sen cargo adicional a Destiny 2. Outros xogos de
lanzamento como Red Dead Redemption 2, Mortal Kombat 11 ou Kine
terán que adquirirse dixitalmente para poder gozalos nesta plataforma en liña,
de xeito que podemos aforrar o custo da consola, pero non o dos xogos, sendo
este elemento moi interesante de analizar nos vindeiros meses, xa que, de
existir unha competencia de prezos semellante á que podemos ver en plataformas
como Steam, as ofertas, as rebaixas e as vendas en lote poderÃan ser grandes
reclamos para achegarse a este novo xeito de xogar.
VÃdeo no que explican o funcionamento de Stadia