Star Trek Online será free-to-play

venres, 2 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Perfect World, a compañía que vén de facerse cos Crytic Studios, responsables do xogo masivo multixogador baseado na serie televisiva Star Trek, anunciou que, seguindo os pasos do xogo Champions Online, antes de rematar o ano Star Trek Online mudará a un modelo de negocio free-to-play, ou sexa, que calquera usuario poderá mercar de balde, aínda que será posible realizar gastos no xogo mediante cartos reais para adquirir bens ou desbloquear certos elementos. Star Trek Online botou a andar en febreiro de 2010 e aínda non acadou moita relevancia entre os xogos en liña actuais, polo que este cambio de rumbo pode supor un pulo para o mesmo.
Kevin Lau, xerente de Perfect World, sostén que «co modelo free-to-play temos un maior potencial no mercado norteamericano e tamén no chinés». O director da compañía, Michael Chi, engadiu que os estudo Cryptic están a axudar á expansión de Perfect World nos EE.UU. e en Europa.

O xogo ten a riqueza de especies presente no universo creado por Gene Roddenberry para a serie Star Trek
En Star Trek Online non faltan os guerreiros Klingon

PUBLICIDADE