Star Wars Battlefront II terá consolas PS4 e PS4 Pro de edición limitada
luns, 16 de outubro do 2017
O 14 de novembro chegará ás tendas Star
Wars Battlefront II, agardado xogo de Electronic Arts que chegará a
PlayStation 4 dun xeito moi especial, xa que será posible adquirilo en lotes
xunto coas consolas de Sony en
edicións especiais limitadas.
O primeiro dos lotes consiste nunha PlayStation 4 Pro personalizada, con mando
sen fÃos DUALSHOCK 4 a xogo e un exemplar fÃsico da edición de luxo soldado de elite de Star Wars Battlefront II. A Consola está decorada cos emblemas do
Imperio Galáctico e da Resistencia, asà como coa insignia do Escuadrón Infernal
(escuadrón imperial de operacións especiais que aparece na campaña do xogo). O
mando tamén conta cos emblemas do Imperio e da Resistencia. A edición especial
do xogo permite tamén gozar do mesmo 3 dÃas antes que a edición estándar,
incluÃndo tamén contido premium dixital.
A segunda edición limitada consiste nunha PlayStation 4 gris de 1 TB cos mesmos
emblemas que a anterior no seu exterior e o mesmo mando DUALSHOCK 4.
Algunhas tendas tamén terán dispoñibles lotes de PS4 e PS4 Pro normais coa edición estándar de Star Wars Battlefront II en formato
fÃsico.