Star Wars Battlefront confirma o seu lanzamento no mes de novembro
venres, 17 de abril do 2015
Aproveitando a Star Wars Celebration en Anaheim (California)
DICE estreou un trailer do agardado xogo Star Wars Battlefront¸
que chegará a PS4, Xbox One e PC a partires do 19 de novembro, e que promete
impresionar graficamente grazas ao uso do motor Frostbite, achegando unha
experiencia interactiva moi inmersiva, traendo á vida numerosos contornos que
resultarán familiares aos seareiros da franquÃa galáctica.
Star Wars Battlefront permitira
revivir momentos heroicos e intensas batallas, nos que disparar blasters,
subirse a motos voadoras e pilotar naves de distintos tipos que chegarÃan até o
Falcón Milenario.
Poderemos visitar planetas como Endor, Hoth, Tatooine e
Sullust, asà como encarnar a personaxes da triloxÃa orixinal como Darth Vader
ou Boba Fett. Ao estarmos ante un tÃtulo de nova xeración, tamén será posible
participar en partidas competitivas de até 40 persoas, aÃnda que non faltarán
misións que poidamos enfrontar en solitario ou cun amigo a pantalla partida (offline ou en liña).
Os usuarios que reserven o xogo poderán acceder cunha semana de antelación a un
contido descargable que consiste nunha batalla ambientada no filme Star Wars: El Despertar de la Fuerza
(que chegará aos cines antes do Nadal).
- No xogo poderemos pilotar diversas naves da franquÃa cinematográfica
Trailer de presentación de Star Wars Battlefront