Star Wars Jedi: Fallen Order terá secuela en 2023

luns, 30 de maio do 2022 Marcus Fernández

No marco da Star Wars Celebration anunciouse que o aclamado xogo Star Wars Jedi: Fallen Order tería unha secuela ambientada 5 anos despois, Star Wars Jedi: Survivor, que chegará en 2023 a PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC.
Esta aventura de acción en terceira persoa protagonizada por Cal Kestis, un Jedi que sobreviviu á Orde 66, está a ser desenvolvida por Respawn Entertainment, o que é toda unha garantía de calidade, especialmente se temos en conta que o xogo poderá tirar proveito das vantaxes das consolas de nova xeración, polo que previsiblemente ofrecerá unha experiencia superior á da súa anterior entrega.
Nesta saga temos a Cal Kestis, acompañado polo seu droide BD-1, tratando de sobrevivir ao Imperio e aos perigosos inquisidores á vez que desenvolve novas habilidades baseadas na Forza, polo que en Survivor atoparemos máis acción e tamén un avance na narrativa que tanto interesa aos amantes do universo de Star Wars.

Vídeo de adianto de Star Wars Jedi: Survivor

PUBLICIDADE