Starfield lanzarase o 6 de setembro

mércores, 8 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Aínda que o xogo de Betheda Game Studios Starfield estaba previsto inicialmente para 2022, era previsible que esta aventura de ciencia ficción non puidese estar a tempo, e por fin temos unha data de lanzamento fixada para este prometedor título: o 6 de setembro.
O xogo chegará en setembro a Xbox Series X|S e PC, e para despexar as dúbidas que poida haber sobre este agardadísimo traballo de Bethesda, o estudio ten previsto celebrar un Starfield Direct o vindeiro 11 de xuño. Nese evento será posible coñecer máis detalles do estudio e ver a súa nova grande aventura dende dentro.
A expectación ante Starfiled é moi grande xa que trataríase no primeiro novo universo creado por Bethesda en 25 anos, confiándose que poida ter un impacto semellante a franquías como The Elder Scrolls ou Fallout, de aí que o listón estea posto tan alto que non sorprende a ninguén que tarden tanto en completar este proxecto que polo momento permanecerá afastado das consolas PlayStation (en contraste co que aconteceu con Ghastwire: Tokyo, título que chegou a PS5 e PC, pero non a consolas Xbox).

Vídeo no que anuncian a data de lanzamento de Starfield

PUBLICIDADE