Steel Battalion Heavy Armor permitiranos controlar un mecha dende o 22 de xuño

martes, 24 de abril do 2012 Marcus Fernández

Aínda que moitos dan por sentado que Kinect só pode empregarse para xogos de baile ou para outros party games dirixidos a un público ocasional, nos últimos meses hai honrosas excepcións como títulos que optaron por aproveitar Kinect para o recoñecemento de voz e outros aínda máis arriscados que o converten no centro da súa experiencia pese a ir dirixidos a xogadores hardcore como é o caso de Steel Battalion Heavy Armor, xogo de From Software que consiste no control de Vertical Tanks (uns mechas armados) que en vez de facer uso duns complexos controis físicos como no Steel Battalion da Xbox orixinal recoñecerá os xestos do usuario (en combinación co mando tradicional) para efectuar as distintas accións.
Este título para Xbox 360 chegará ás tendas o 22 de xuño, e contará con 3 paquetes diferentes con contidos descargables para quen reserve o xogo antes do seu lanzamento, e que consistirán en armamento adicional para os Vertical Tanks que mellorarán a súa potencia defensiva, a súa forza ofensiva, a velocidade en combate e moitos máis. Polo momento non se concretou as tendas que se repartirán estes contidos adicionais para os que reserven o xogo en España.


Avance dos contidos adicionais que recibirá o xogo para quen o reserve antes do seu lanzamento

PUBLICIDADE