Steep trae a liberdade aos deportes de montaña
venres, 2 de decembro do 2016
Ubisoft pon hoxe á venda un prometedor xogo de deportes
extremos de inverno, Steep,
que convÃdanos a explorar montañas coma se fose un mundo aberto no que decidiremos
se queremos percorrer nunha táboa de snow,
esquiando, nun traxe de ás ou en parapente, de xeito que cada xogador decidirá
como crear a súa propia experiencia, para o que tamén hai varios estilos de
xogos a escoller: Explorer, Bone Collector, Freerider, Extreme Rider,
Freestyler e Pro Rider.
Os xogadores poderán desbloquear puntos a medida que progresan, e localizar
outros, de xeito que poden localizarse e desbloquearse zonas de salto e novos
desafÃos para asà ir enriquecendo este xogo que podemos gozar en Xbox One,
PlayStation
4 e PC, á venda por
69,99 euros en consola e 59,99 euros en ordenador.
Steep permite gozar da neve en
localizacións que van dende os Alpes até Alaska, instando aos xogadores a
realizar fazañas que gravar e logo poder compartir con outros usuarios,
socializando esta experiencia de montaña que sorprende a moitos afeitos a que
este tipo de xogos adopten un formato máis arcade.
- Os traxes con ás permiten explorar as montañas nevadas dun xeito bastante diferente ao que estamos afeitos
VÃdeo promocional de Steep