Stix, a liña de mandos para PC sensibles ao movemento

martes, 1 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A partir do mes de agosto a experiencia de xogo da Nintendo Wii poderase achegar ao PC grazas a Stix, un novo controlador con sensor de movemento que promete ser compatible con milleiros de xogos en liña gratuítos e outros comerciais.
O mando terá unha versión básica, o Stix 200, que só ten sensores de movemento 2D, mentres que a versión Stix 400 ten sensores 3D, pretendendo revolucionar o xeito de xogar dende o PC, que o terá moito máis doado para atraer a xogadores casuais.
Para completar esta liña de controladores, o seu fabricante, GoLive2, lanzou un portal web chamado Sphere dende o que se poderá xogar a centos de xogos compatibles con Stix e se informará sobre os xogos compatibles con estes mandos.

PUBLICIDADE