Sunset Overdrive destaca entre os xogos con Gold do mes de abril
luns, 28 de marzo do 2016
Nos últimos meses os xogos que recibiron sen cargo adicional
os subscritores para xogar en liña coas consolas de Microsoft e Sony foron
bastante discretos, pero a situación parece que vai mudar en abril, xa que
Microsoft afiou as armas e anunciou que os seu xogos con
Gold van ser todos tÃtulos de primeira liña.
Durante todo o mes de abril os usuarios Gold de Xbox One poderán descargar de balde a aventura gráfica The
Wolf Among Us, magnÃfica adaptación da banda deseñada de Bill
Willingham Fábulas, que chega da man
de Telltale Games, estudio célebre pola súa adaptación de Los Muertos Vivientes (The
Walking Dead).
Pero este xogo que aÃnda mantiña un prezo de 24,99 euros
(pese a terse lanzado a finais de 2014) non será o prato forte do mes, honra
que recae en Sunset
Overdrive, un dos grandes xogos que serviu de reclamo para a compra da
Xbox One, que está valorado en 49,99 euros e combina acción e disparos en
terceira persoa dun xeito refrescante
(que algúns describen como a mestura de Tony
Hawk’s Pro Skater e un shooter en
terceira persoa). Por este xogo haberá que agardar até o 16 de abril.
Para Xbox 360 (e tamén xogables en Xbox One) chegará durante a primeira metade
de abril o xa clásico Dead
Space, primeira entrega dun survival
horror espacial que creou escola e converteuse en toda unha franquÃa de
éxito na anterior xeración de consolas de videoxogos. E para a segunda metade
do mes teremos Saints
Row IV, última entrega do sandbox
máis tolo (con perdón de Goat Simulator)
das consolas de videoxogos, que desta volta conta con até alienÃxenas para
complicar a vida de Los Saints.
VÃdeo promocional dos Games with Gold do mes de abril