Super Hero Squad terá un segundo videoxogo
venres, 23 de xullo do 2010
A celebración da Comic-Con
de San Diego está a situar na actualidade aos videoxogos baseados en
superheroes, e moitos recibirán cos brazos abertos o novo tÃtulo que THQ
inspirado na serie
de televisión Super Hero Squad, pois a finais de 2009 aparecera unha
adaptación ao videoxogo desta versión infantilizada
dos personaxes de Marvel, pero que quedara limitada a plataformas menores como a PlayStation 2, a Wii, a
Nintendo DS e a PSP, mentres que a súa nova entrega,
Marvel Super Hero Squad: The Infinity Gauntlet,
chegará para PlayStation 3, Xbox 360, Wii e Nintendo DS.
Esta nova aventura xuntará a un grupo de superheroes moi coñecidos para
solucionar puzzles e loitar contra a
Lexión Letal do Dr. Doom (á vez que buscan as 6 Pedras Infinitas), para o que
tamén poderá xogarse en modo cooperativo. O
xogo terá outros 3 modos de xogo: historia, modo libre e modo
desafÃo, nos que poderán seleccionarse a varios heroes da Marvel.
Polo momento o xogo non ten data de lanzamento fixada, pero é de agardar que chegue
ás tendas ao longo de 2011.