Super Hydorah sairá á venda o 20 de setembro
mércores, 6 de setembro do 2017
A
alianza entre o desenvolvedor independente Juan Antonio Becerra Locomalito e Abylight continúa a dar os
seus froitos, e tras achegar a varias consolas de videoxogos unha versión
comercial de Maldita Castilla, agora
someten ao mesmo tratamento a Hydorah,
un shoot’em up espacial de
desprazamento lateral que pode lembrarnos a Gradius,
Nemesis ou R-Type, pero feito na actualidade con aires retro, que xa
ten data na súa versión comercial, Super Hydorah: o 20 de setembro.
Deste xeito xa podemos acudir
á tenda de Xbox One para mercar de xeito anticipado o xogo a un prezo de
11,99 euros, mentres que en Steam temos
xa a versión para PC listada, para que podamos colocala no punto de mira para
que non se nos pase a data de lanzamento.
Super Hydorah é unha homenaxe aos
xogos de naves da época das consolas de 16 e 32 bits, emulando a súa estética e
contando cunha banda sonora de máis de 60 temas acorde ao estilo que imperaba
naqueles tempos. A xogabilidade está moi depurada para permitir un control
extremadamente preciso a través das 21 fases non lineais divididas en 35
subniveis (cos seus respectivos xefes finais), contando tamén con distintos
modos de xogo.
O xogo conta con diferentes armas, power
ups, perigos de diferente natureza (non só balas) e moitos outros detalles
que fan que esteamos ante un tÃtulo doado de xogar pero difÃcil de dominar, que
para conseguir recrear dun xeito máis fiel o espÃrito da época permite activar
un efecto no que a imaxe en pantalla imita a un vello monitor de tubo de raios catódicos (CRT).
Tráiler de Super Hydorah