Super Mario 3D Land faise real en Times Square
luns, 14 de novembro do 2011
- Times Square celebrou o lanzamento do novo Super Mario 3D Land
Este venres chega ás tendas o occidentais o agardado xogo Super Mario 3D Land, e Nintendo decidiu
celebralo dun xeito moi especial nos EE.UU. organizando un evento en Times
Square (New York), onde fixeron unha impresionante montaxe na que recrearon
un nivel a escala real dun escenario do xogo, xunto a unha consola Nintendo
3DS xigante, o que permitÃa unha recreación real do que achegará o xogo final,
para diversión dos moitos cativos disfrazados de Mario que puideron saltar
polas distintas plataformas que formaban este divertido nivel do xogo levado ao
mundo real.
Esta actividade permitiu que moitos seareiros dos xogos de Super Mario puidesen meterse dentro deles, saltando grazas a
trampolÃns, deslizándose por tubaxes... ata chegar á bandeira final. Unha
experiencia dificilmente repetible que podemos ver no seguinte vÃdeo (que
remata cun time-lapse coa montaxe do
escenario):
- Os cativos puideron xogar a ser Mario nun escenario a tamaño real
- A iniciativa de Nintendo en Times Square foi todo un éxito de público