Super Mario Galaxy 2 supera os 1,1 millóns de copias nos EE.UU.

luns, 19 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Pese a lanzarse comercialmente fóra da campaña de Nadal, o xogo Super Mario Galaxy 2 está a acadar uns resultados impresionantes, e xa se deron a coñecer as súas cifras de vendas nos EE.UU., onde o novo título de Nintendo conseguiu superar 1,1 millóns de unidades en 41 días. A primeira entrega do xogo tivera un comportamento máis explosivo porque saíra no mes de novembro, pero para esta altura do ano as novas aventuras tridimensionais de Mario están a funcionar moi ben.
No mes de xuño, as vendas totais de Super Mario Galaxy 2, xogo exclusivo para Wii, colocou 548.000 unidades segundo o NPD Group, pero non hai que esquecer que os grandes xogos de Nintendo conseguen soster frontes volumes de vendas durante moitos meses, polo que estamos ante un éxito innegable, que nos EE.UU. está no segundo posto en vendas, só por detrás da versión de Xbox 360 de Red Dead Redemption (que tamén ocupa o 3º posto na súa versión para PlayStation 3). Curiosamente o cuarto xogo máis vendido o pasado mes nos EE.UU. é o New Super Mario Bros Wii, que xa tan bastantes meses e confirma a fortaleza deste tipo de títulos a medio/longo prazo.

PUBLICIDADE