Super Talent lanza unha unidade USB 3.0 dende a que é posible correr Windows 8
luns, 18 de febreiro do 2013
Super Talent Technology anunciou
recentemente unha nova unidade USB 3.0 modelo Express RC4 que acadou certificación para utilizar a
funcionalidade Windows To Go (que permite iniciar unha edición corporativa
de Windows 8 directamente dende unha unidade externa de alta velocidade),
chegando esta unidade en tamaños de 32, 64 e 128 Gb de capacidade a prezos de
74,99, 127,99 e 279,99 dólares respectivamente (56,12, 95,82 e 209,62 euros),
todas cun tamaño de só 92,7 x 25 x 8 milÃmetros.
Estas unidades son compatibles con USB 2.0, pero de contar con USB 3.0
poderemos aproveitar plenamente a velocidade destas memorias, que mediante o
uso de 4 canles NAND Flash conseguen velocidades de lectura de 240 Mbytes/seg.
e 100 Mbytes/seg. de escritura, que aÃnda será mellor no modelo Express RC-8,
que chegará máis adiante, e con 8 canles conseguirá velocidades de 270
Mbytes/seg. de lectura e 240 Mbytes/seg. de escritura.
VÃdeo no que demostran que coas novas unidades de Super Talent pódese iniciar Windows 8 en menos de 10 segundos