Superhot descata entre os Xogos con Gold de marzo

martes, 20 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Microsoft vén de facer pública a relación de xogos que no mes de marzo recibirán os subscritores Gold de Xbox LIVE, que no caso da Xbox One comezan polo xogo Trials of the Blood Dragon, unha curiosa mestura entre a xogabilidade e as físicas de Trials e a ambientación de Far Cry 3: Blood Dragon, que chegará na primeira quincena, e que logo pasará o relevo á grande sorpresa do mes, Superhot, xogo de acción en primeira persoa, con gráficos minimalistas cunha proposta moi curiosa: o tempo só se move se o xogador o fai, o que permitiralle esquivar balas a cámara lenta e empregar o armamento que vai atopando para derrotar a innumerables inimigos.
Na primeira quincena de marzo tamén teremos o xogo de Xbox 360 (retrocompatible con Xbox One) de Brave (Indomable), ou sexa, unha adaptación da película de Pixar protagonizada por Mérida, heroína que terá que salvar o seu reino empregando como armas espada, arco e frechas; pechará marzo Quantum Conundrum, un xogo moi tolo no que resolver quebracabezas dende un punto de vista de primeira persoa.

Vídeo promocional dos Xogos con Gold de marzo

PUBLICIDADE