Superhot para Oculus Quest supera o millón de unidades vendidas
xoves, 25 de febreiro do 2021
O equipo
detrás do xogo Superhot publicou un artigo facendo
un repaso dos 5 anos de vida deste orixinal xogo no que temos que superar
distintos retos xogando cun concepto moi orixinal: hai que matar aos inimigos
aproveitando as armas e obxectos que atopemos no contorno valéndonos dunha especie
de superpoder que consiste en que o tempo só se move cando nos movemos nós, o
que permite pensar os movementos a realizar para completar con éxito cada
escenario.
Este xogo en primeira persoa conseguiu grande éxito de público e crÃtica, pero
o feito de que se lanzasen versións en realidade virtual convertérono en todo
un imprescindible, xa que é un dos mellores xeitos para introducirse no uso de
cascos de realidade virtual, o que constatarÃase ao recoñecer os responsables
do xogo que venderon máis dun millón de unidades para Oculus Quest, aÃnda que
para concretar poderiamos chegar a asegurar que a meirande parte destas copias
comprarÃanse especificamente para Oculus Quest 2, casco autónomo e sen fÃos que
está a converterse no dispositivo de referencia para gozar da realidade
virtual, disparando as vendas de numerosos xogos entre os que está Superhot
VR.
Pese a que o casco Oculus Quest 2 destaca por ser autónomo, o feito de que
tamén poida empregarse en PC está a ter un impacto importante na realidade virtual
en ordenadores persoais, de xeito que en
Steam serÃa o segundo dispositivo de VR en uso, co 17,4% do mercado, só
detrás de Oculus Rift S, co 23,4% do mercado.