Susana Ladra mostra aos estudantes de Secundaria en que consiste a pegada dixital

luns, 24 de febreiro do 2020 Redacción

Susana Ladra, investigadora do CITIC e directora do Campus Innova da UDC, amais de vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), impartiu recentemente diferentes charlas de divulgación científica en centros de Educación Secundaria de Galicia, enmarcadas no programa de futuros estudantes, organizado polo Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) da Universidade da Coruña.
A charla, que levaba por título A nosa pegada dixital en Internet: canto saben de nós e para que ou usan?, tivo o obxectivo de visualizar en detalle o valor dos datos xerados coas nosas interaccións en Internet: o camiño que deixamos. A investigadora explicou conceptos básicos relacionados co devandito, como por exemplo a información a gran escala (o Big Data), os obxectos conectados (a Internet das Cousas), e sinalou os diferentes usos que fan as empresas e os gobernos con estes datos: desde recomendación de produtos e personalización de anuncios, até detección de fraudes, resolución de crimes, vixilancia e posíbel manipulación de eleccións. Susana Ladra tamén fixo chegar ao alumnado a necesidade actual (e futura) que teñen as entidades de toda índole de contar profesionais neste ámbito da Ciencia e Enxeñaría de Datos.

PUBLICIDADE