Tap Tap Revolution estreará unha versión especial con cancións de Nine Inch Nails

martes, 30 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O xogo Tap Tap Revenge é algo semellante a un Guitar Hero para o iPhone, pero contando só cun repertorio de cancións de balde, posto que as normas de Apple impiden que as aplicacións da App Store poidan estar asociadas a servizos de balde, polo que a posibilidade de que se incorporasen á tenda de aplicacións paquetes co xogo e varias cancións parecía unha boa solución que finalmente vai converterse en realidade da man de Nine Inch Nails (NIN), grupo que permitirá que 12 dos seus temas se incorporen nunha edición especial de Tap Tap Revenge que de poderá adquirir en outubro, converténdose no primeiro contido licenciado para unha aplicación do iPhone, e que podería dar lugar a moitos outros lanzamentos semellantes.

PUBLICIDADE