Teclado sen fÃos para o control multimedia (e cun prezo moderado)
mércores, 11 de febreiro do 2009
Pensando no uso
dun ordenador persoal coma reprodutor multimedia (algo bastante habitual,
especialmente en combinación cos televisores actuais, que en moitos casos teñen
entrada para o sinal do PC) na popular tenda en liña Brando venden un
teclado sen fÃos de 78 teclas (con 20 teclas multimedia adicionais)
que mide 26,2 x 11,2 x 2,1 centÃmetros, pesa 263 gramos e resulta especialmente
atractivo por integrar un trackball,
o que facilita o uso da interface do PC dende certa distancia.
O teclado funciona en Windows 2000/XP/Vista valéndose dun receptor de
radiofrecuencia USB e aliméntase de dúas pilas AAA. O
seu prezo de venda é de 48 dólares (uns 36,96 euros) e chegará á
tenda en liña a finais de mes.