Teléfono de Bob Esponxa

luns, 26 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Os cativos que seguen as aventuras de Bob Esponxa en televisión, DVD e mesmo videoxogos, poderán levar ó seu personaxe favorito ó mundo real grazas a un teléfono fixo de Polyconcept, que imita a forma do ser animado de Nicelodeon.
O boneco-teléfono ten un teclado numérico nas súas costas, e para falar é preciso retirar unha tapa pregable da súa cara (o que amosa un cambio de rostro, presentando ó personaxe empregando os seus poderes telepáticos).
O orixinal terminal telefónico ten control de volume de recepción, control de volume do seu timbre, conmutador para funcionar por tons ou pulsos, luz e botón de rechamada, e se vende por 19,97 dólares (13,44 euros) nos EE.UU.

PUBLICIDADE