Telegal e o Concello de San Sadurniño achegan cursos de balde sobre transformación, redes e TIC
luns, 4 de xaneiro do 2021
A empresa de Narón
Telemática Galicia (Telegal), especializada en formación
tecnolóxica e
avanzada, ofrecerá
15 cursos en gratuÃtos en liña (agás
un) en colaboración co
Concello de San Sadurniño.
O catálogo de actividades,
denominado Formación
en tempos de COVID,
impartirase
dende o 7 ata o 18 de xaneiro.
Teñen o seu punto de partida
no curso de captación
para a docencia
da formación
profesional para o emprego que está levando a cabo Telegal (as
e os participantes
deste curso están
na recta final da formación, polo que cada un deles debe planificar
e levar a cabo a súa propia acción traballando con contidos e
alumnos reais).
Deste xeito, póñense en
marcha os 15 cursos, que abranguen
diferentes eidos da vida cotiá, pequenos negocios, mellora das
posibilidades para atopar un traballo ou a presenza en Internet.
AsÃ, atópanse actividades
formativas sobre
aspectos administrativos, como a realización da declaración da
renda; de ámbito social, como a mediación familiar e escolar,
igualdade ou a calidade de vida das persoas enfermas de Alzhéimer;
outras relacionados
co emprendemento, a creación de cooperativas de traballo asociado,
o escaparatismo,
as redes
sociais, a posta
en marcha de tendas virtuais; un curso de introdución ao guión
audiovisual e outro de ferramentas de organización do fogar ou dun
negocio; e o curso que se impartirá de forma presencial, a práctica
de lavar e limpar correctamente un vehÃculo.
Doutra banda, cabe destacar
que as inscrición en todos estes cursos son gratuÃtas e poden
facerse en liña. A primeira serie
comeza o dÃa 7 de xaneiro e a segunda arrincará o 18, e tódolos
interesados poderán anotarse a
través da web
de Telegal.