Televés lanza o primeiro medidor de campo portátil con procesado dixital

mércores, 24 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Televés lanza ao mercado o primeiro medidos de campo portátil con procesado dixital. O H45 sería o medidor portátil máis rápido e preciso do mundo, dotado cunha tecnoloxía que é capaz de capturar dixitalmente ata 20 MHz en menos de 10 milisegundos, co que o grupo galego líder en produtos e servizos de telecomunicación é capaz de innovar combinando o procesado dixital e a portabilidade nun único medidor.
O novo medidor de Televés dispón de 3 fiestras simultáneas en pantalla que representan o espectro de sinais, a imaxe e todas as medidas, actualizándose a información en tempo real nas 3 fiestras. Tamén permite seleccionar calquera das medidas e representar visualmente a calidade da mesma mediante unha barra de cor.
O medidor H45 chega así coma un medidor portátil capaz de revelar os detalles máis escondidos do espectro radioeléctrico e mellorar así a calidade e lonxevidade das instalacións.

PUBLICIDADE