Tetris Ultimate chegará ás novas consolas no verán

mércores, 4 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Para celebrar os 30 anos de Tetris Ubisoft está a preparar Tetris Ultimate, unha nova entrega da franquía que chegará a PlayStation 4 e Xbox One no verán e a PC no outono, e do que poderán coñecerse os detalles a semana que vén no E3 de Los Ángeles, onde estará presente o propio Alexey Pajitnov, creador deste popular videoxogo en 1984.
O novo xogo permitirá xogar ata a 4 xogadores á vez en contará con 6 modos de xogo diferentes: Marathon, Endless, Ultra, Sprint, Battle e Power-Up Battle. Deste xeito o Tetris non será unha experiencia individual, senón que poderá converterse en toda unha competición, permitindo que retemos aos nosos amigos incluso cando están desconectados, para ver quen consegue unha mellor puntuación.
Tamén será posible compartir as puntuacións globalmente, para o que existirá un ranking oficial que permitirá identificar aos mellores xogadores do mundo.

Tetris Ultimate permitirá competir ata a 4 xogadores á vez


Vídeo de demostración do modo competitivo para dous xogadores de Tetris Ultimate

PUBLICIDADE